Vinteún cativos e cativas participan na escola deportiva de verán de Patinaxe

A concellería de Deportes que dirixe Benito Márquez e a tenente de Alcalde, Chus Garrote, visitaron a escola de  patinaxe que se encadra dentro das actividades ofertadas nas escolas deportivas de verán. 

Na escola de patinaxe do Club Luar inscribíronse 21 cativos e cativas que cada martes e xoves ás 17:30 horas se inician nesta modalidade.

No pavillón Álvaro Pino adestran cada semana patinadores e patinadoras de entre cinco e catorce anos.