Ven ver as Perseidas co concello de Ponteareas

A Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Hortensia Bautista, organiza a visita guiada ao castro de Troña para visionar as Perseidas e constelacións da man da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra o vindeiro 11 de agosto. 

Para participar nesta actividade, dirixida a tódolos públicos, o concello oferta un autobús de balde que sairá ás 22 horas do pavillón Álvaro Pino. Para anotarse chamar ao número de teléfono 673855422 ou a través do enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es