Órganos de Goberno

  • Alcaldía: o alcalde é o presidente da corporación , dirixe a administración municipal e representa ao Concello. É elixido entre os concelleiros e concelleiras por maioría absoluta, os cales son á súa vez elixidos, democráticamente pola veciñanza ,en eleccións municipais.
  • Xunta de Goberno Local: a Xunta de Goberno Local é o órgano colexiado do equipo de goberno municipal. Intégrana o alcalde, os tenentes de alcalde e os concelleiros e concelleiras por el designados. A súa finalidade é asistir ao alcalde nas súas atribucións e aquelas que lles encomende a carta municipal.
  • Pleno: os plenos son as reunións oficiais ás que están convocados todos e todas os concelleiros e concelleiras da Corporación. Presididos polo alcalde, celébranse polo menos unha vez ao mes e teñen como función fundamental aprobar aquelas resolucións das comisións de traballo que sexan de maior importancia.