Normalización Lingüística
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ponteareas é un departamento técnico que leva en funcionamento desde o ano 1997 ata a actualidade.
O obxectivo e función fundamental do Servizo de Normalización Lingüística é incrementar o uso do galego en todos os ámbitos actuación da organización, tanto interna como externamente.
Desenvólvense as seguintes funcións:
-
Funcións internas:
- Tradución de textos e de documentos; corrección documental, deseño de documentación formal, resolución de dúbidas lingüísticas.
- Asesorar á Administración en todo o relacionado coa promoción da lingua galega.
- Colaborar coa Administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte dos/as aspirantes.
- Promoción e difusión do Regulamento de normalización lingüística do Concello de Ponteareas.
- Asesoramento obre os usos e perfís lingüísticos da entidade local.
- Información sobre o status legal da lingua, sobre a toponimia oficial, sobre os dereitos lingüísticos.
- Difusión, sensibilización e información das ferramentas lingüísticas existentes tanto ao persoal municipal como á cidadanía en xeral.
-
Funcións de dinamización lingüística:
Lévanse a cabo accións a prol da lingua galega en varios ámbitos de influencia da entidade, tanto no ámbito xeral da sociedade, como no eido comercial e o sector do ensino e no ámbito infantil e xuvenil, ámbito este fortemente desgaleguizado.
- Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.
- Promover e coordinar redes de traballo para o fomento do uso do galego en distintos ámbitos locais.
- Planificar e propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso da lingua galega.
-
Funcións de formación :
- Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, para a poboación en xeral ou para sectores concretos.
- Promoción, información e asesoramento sobre cursos de capacitación lingüística para o persoal municipal ofertados polas distintas administracións.
- Promoción, información, difusión e asesoramento sobre os cursos formativos para a obtención dos Celga, así como a prestación de colaboración para a súa realización no Concello de Ponteareas.
- Información, difusión e asesoramento sobre as datas e lugares de realización das probas, así como a oferta de impresos e solicitudes e axuda necesaria para cubrilas que se lle oferta á cidadanía, non só do concello de Ponteareas, senón tamén das Neves, A Cañiza, Covelo, Arbo, Mondariz e Mondariz Balneario, etc.
- Colaborar no deseño de programas de formación para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas no ámbito local.
-
Funcións de asesoramento lingüístico interno:
- Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración.
- Definir e propoñer criterios lingüísticos para a organización.
- Resolver dúbidas lingüísticas.
-
Funcións de asesoramento externo
- Sobre dúbidas
- Sobre formación
- Sobre recursos
-
Funcións de coordinación:
- Apoiar a difusión das accións dinamizadoras desenvolvidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.