As Concellerías de Ensino e de Cultura e Normalización Lingüística entregan os premios aos gañadores do concurso Debuxa a Manuel María

As Concellerías de Ensino e de Cultura e Normalización Lingüística entregan os premios aos gañadores do concurso Debuxa a Manuel María

Os traballos das nenas e nenos dedicados á figura do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do presente ano salientan pola súa calidade

A este certame de debuxo foron presentados 80 traballos de alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria de dous Centros Escolares da vila: o CEIP de Santiago de Oliveira e o CPR Plurilingüe Santiago Apóstol, que foron reunidos na tarde do martes para o acto de entrega de premios que se realizou no salón de plenos do Concello de Ponteareas.

Os gañadores deste Certamen son:

  • 1º Premio:  Iria Lorenzo Garrido, co traballo “Colorín colorido”, de  5º de Primaria do CPR Plurilingüe Santiago Apóstol.
  • 2º Premio: Carmen Martínez Palacio, co traballo  “Aleteo”,  de  3º de Primaria do CPR Plurilingüe Santiago Apóstol.
  • 3º Premio: Eric Ferreira Luis, co traballo  “Eris”, de  5º de Primaria do CEIP de Santiago de Oliveira.

Ademais, concedeuse varios accésit aos seguintes escolares:

  • Accésit:  Nicolás Antela Martínez, co traballo “Cuberto”,  de  5º de Primaria do CPR Plurilingüe Santiago Apóstol.
  • Accésit: Victoria Da Silva Bembibre, co traballo “Ladylove”, de 5º de Primaria do CEIP de Santiago de Oliveira.
  • Accésit: Carmen Castro Santiso, co traballo “Warner”,  de  4º de Primaria do CPR Plurilingüe Santiago Apóstol.
  • Accésit: Inés Borge Juste, co traballo “Cambados”, de  4º de Primaria do CPR Plurilingüe Santiago Apóstol.

O alcalde felicitou aos centros asistentes  pola calidade amosada nos traballos, ao profesorado que colaborou, e a todos os participantes polas súas creacións e saudou ás nenas e nenos que foron galardoados, facéndolles entrega dos diplomas.

A concelleira de Ensino, salientou a importancia de participar neste Concurso de debuxo que tiña como fin promover a actividade artística nos centros educativos. “Foi todo un éxito, xa que o número de traballos presentados foi importante e a calidade dos mesmos moi significativa. Queda patente que Ponteareas ten alma de artista, e se demostra cada vez que hai unha colaboración dos centros escolares en iniciativas da Concellería, como aconteceu tamén co proxecto das Meninas, nas creacións mostradas nos postos da Semana das Ciencias ou a participación musical en actos institucionais do alumnado do Conservatorio” comenta Cristina Fernández.

A concelleira de Cultura e Normalización Lingüística destacou “a acollida nos Centros da iniciativa que tiña como finalidade achegar aos escolares a figura do autor homenaxeado na presente edición das Letras Galegas, Manuel María”. Tamén agradeceu a participación dos Centros, do xurado e tamén a colaboración no evento das casas comerciais: Globaltea, Librería Casa Pepe e Carlín.

Hortensia Bautista engade que “é de vital importancia animar á participación de todos os sectores en eventos para achegar a nosa cultura a toda a cidadanía”.

Os traballos presentados neste certame están expostos na entrada do Auditorio Municipal Reveriano Soutullo onde poderán contemplarse durante o mes de xuño.