Ludoteca

“Ludotea”, inaugurouse  en febreiro do ano 1998. É a única ludoteca de Galicia creada dende os seus inicios con titularidade e persoal municipal, co obxectivo de que todos os nenos e nenas de Ponteareas e arredores teñan unha experiencia lúdica, aprendan a xogar e, mediante o xogo, aprendan tamén valores, regras de xogo, se socialicen e compartan.

OBXECTIVOS  XERAIS:

  1. Potenciar co xogo as aptitudes dos nenos.
  2. Mellorar as súas actitudes xerais e  con respecto ao xogo.
  3. Ampliar os seus  coñecementos.
  4. Favorecer a socialización.
  5. Avivar a curiosidade e a creatividade.
  6. Propor o desenvolvemento dos temas transversais  en educación.
  7. Mellorar as relacións co contorno no que se  ubica a ludoteca.
  8. Establecer  unha boa comunicación  cos pais dos nenos que acoden.

 ACTIVIDADES:

ademais do xogo con xoguetes comercializados, e dos xogos que realizamos en grupo: xogos de corro, de pelota, de paracaídas, de recuperación de tradicións, etc., realizamos ao longo do ano múltiples e variados obradoiros (algúns a miúdo e outros dun xeito máis esporádico):

  • Obradoiro de reciclaxe con materiais de refugallo: envases de plástico o de tetrabrick, cartóns, vidros, cordas, etc.
  • Obradoiro de fabricación de xabóns
  • Obradoiro de cociña e repostaría
  • Obradoiro de candeas
  • Obradoiro de manualidades
  • Bixutería
  • Actividades ao aire libre: tanto saídas recreativas, coma de xogos ou medioambientais
  • Teatro
  • Obradoiro de expresión musical e corporal
  • Obradoiro de Animación á lectura
  • Obradoiro de educación ambiental
  • Saídas ás praias fluviais
  • Saída aos parques do municipio

Obradoiro referidos a festividades  concretas:

  1. Samaín
  2. Magosto
  3. Nadal
  4. Entroido
  5. Festival da Ludoteca
  6. Día do Pai
  7. Día da Nai
  8. Festa do Corpus.   
  9. Festa de fin de curso escolar
  10. Verán

Diferentes saídas e excursións:

  • Saídas medioambientais