Oficina municipal de información ao consumidor (OMIC)

Rúa de Oriente, 8 – Ponteareas
2º Andar
Tel.: 986640000 ext 1080
omic.ponteareas@xunta.gal
Horario: De luns-mercores-venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO CON PREVIA CITA

O Concello de Ponteareas dispón dunha OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN Ó CONSUMIDOR (O.M.I.C.) aberta ao público e gratuíta, contemplada coma un servizo para os veciños e veciñas que teñas problemas con algunha empresa, así como para calquera persoa que teña problemas con algún establecemento comercial de Ponteareas.

Os temas polos que pode acudir a O.M.I.C. son entre outros: Aluguer de vivendas, automóbil novo, automóbil reparación, automóbil seguros, automóbil usado, electrodomésticos, servicios de asistencia técnica, enerxía eléctrica, equipamento das vivendas, estacións de servizo, farmacias, gas, hostelería e restaurantes, artículos de viaxe, mobles, multipropiedade, reparacións do fogar, roupa e calzado, sanidade privada e pública, seguros de vida, seguros de fogar,seguros de automóbil, servicios bancarios e finaceiros, teléfono fixo, telefonía móbil, transportes públicos(tren,avión, taxí, autobús), venda a distancia, venda fora de establecemento mercantíl, problemas cos viaxes, vivenda compra, aluguer, reparacions, reloxería, etc…

Servicios que lles presta a O.M.I.C. aos consumidores:

  • Información e asesoramento aos consumidores e usuarios sobre temas de consumo, resolvendo as súas dúbidas.
  • Recepción e xestión das reclamacións presentadas plos consumidores.
  • Actos de mediación entre as partes, consumidor e empresario, buscando unha solución aos conflictos de consumo.
  • Realización de actividades de formación en materia de consumo: charlas, talleres, xogos, cursos etc…
  • Control do mercado en materia de consumo, detección de productos con risco e traslado á Consellería correspondente.
  • Adhesión dos establecementos á Xunta Arbitral de Consumo e traslado das solicitudes de arbitraxe ao I.G.C.
  • Outros: eleboración de material divulgativo de consumo, folletos e carteis. etc…