A concellería de Cultura e Turismo do Concello de Ponteareas publica as bases da XII Feira dos Remedios que se celebrará o vindeiro 8 de setembro de 2018.
Esta feira que recreará o ambiente comercial de principios do século XX congregará a artesás de produtos de alimentación, de tecidos, de complementos, de cosméticos ou de gando, entre outros produtos e servizos.
A Praza Bugallal, a rúa Morales Hidalgo, a rúa Constitución e a Praza da Música serán o escenario desta festa na que ademais de comprar produtos xenuinos e diferentes poderemos gozar dunha actividade en familia sacando do baúl as prendas de moda dos primeiros anos do século pasado.
O prazo de inscrición, que xa está aberto, remata o martes 14 de agosto e o día 21 de agosto comunicarase os postos admitidos.
A feira estará aberta de 10 a 20 horas e todos os e as artesás que desexen vender os seus produtos poden inscribirse xa na seguinte ligazón https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdRwIslxPvIXcKdA-GvOk1i1jqKXIIOzpeMhrgTZ2OPU6X9xg/viewform
As bases pódense consultar na web do concello de Ponteareas na ligazón http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2018/07/bases-XII-Feira-dos-Remedios.pdf
E todos os e as interesadas poden obter máis información na dirección de correo electrónico feiratradicionaldosremedios@gmail.com ou chamando aos números de teléfono 600 685 573 / 618 70 56 39
Atrezados baixo a mesma imaxe, os e as expositoras deberán vender únicamente produtos de elaboración propia e deberán estar en posesión da carta de Artesán no caso dos postos de artesanía e no caso dos postos de alimentación deberán dispoñer da documentación necesaria para o desenvolvemento da súa actividade, podendo ser solicitados en calquera momento pola organización: licencias de venda, rexistro sanitario, carné de manipulador de alimentos, contratos laborais…
A concellería de Cultura e Turismo que dirixe Hortensia Bautista convida a todas as familias a participar vestidos segundo a moda dos primeiros anos do século XX e así poder participar nos distintos concursos e sorteos cos que a organización sorprenderá aos participantes.