Vinte persoas desempregadas comezan hoxe unha nova etapa laboral

Os alcaldes das Neves e Ponteareas dan a benvida ás e aos participantes do obradoiro de emprego “Coidar de Nos”

A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvenciona este obradoiro con 288.807€

Con motivo do primeiro día de curso o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o Alcalde das Neves, Xosé R. Méndez, deron a benvida hoxe no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) aos e ás alumnas e traballadoras do obradoiro de emprego “Coidar de Nos”.

Vinte persoas desempregadas dos concellos das Neves e de Ponteares comezan hoxe unha nova andaina profesional na que se capacitarán en duas ramas (sociosanitaria e xardinería).

Neste primeiro día de traballo o equipo directivo do obradoiro destacou o éxito de inserción laboral acadado no anterior obradoiro de emprego chegando na rama de sociosanitaria ao 100%.

O Alcalde de Pontearea destaca que este é un exemplo do bo resultado do traballo realizado en conxunto por varias adminstracións, agradecendo á Xunta de Galicia que atendeu ás peticións conxuntas dos dous concellos. A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención de 288.807€ para este obradoiro cun reforzo económico de 4.500€ para incentivar a contratación e cubrir os gastos salariais derivados dos contratos de traballo que se suscriban co alumnado, ademais das achegas e fondos propios do concello de Ponteareas e de As Neves.

Alentados por esta cifra aprenderán e traballarán ao mesmo tempo durante nove meses de curso e contrato que lles permitirá ter un salario e cotizar á seguridade social ao tempo que se forman e amplían as súas expectativas laborais.

Clases teóricas pero tamén moitas clases prácticas que desenvolverán na residencia de Maiores de Ponteareas, no Centro de Día das Neves e na asistencia domiciliaria nos dous concellos, Ponteareas e As Neves.

No caso do módulo de xardinería, os e as participantes terán que afrontar primeiro o nivel I no que nas horas prácticas crearán un viveiro de prantas. Unha vez acadado o nivel I pasarán á formación e traballo do nivel II de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Neste nivel II actuarán en parques e zonas verdes dos dous concellos.

Na súa intervención o Alcalde de Ponteareas destacou a alta participación de mulleres, correspondendo ao 99%, “estes obradoiros son imprescindibles para abrir unha vía ao mercado laboral e máis no caso das mulleres que teñen unha tasa de desemprego máis alta, tal e como se reflexa hoxe nesta aula”.

Pola súa parte, o Alcalde das Neves, insistíu na necesidade da implicación social en tódolos niveis e suliñou a importancia destas dúas formacións que desempeñarán labores de coidado das persoas e tamén de bens comúns.

Por cuarto ano consecutivo Ponteareas consegue afianzar un obradoiro que se en-marca dentro das iniciativas de fomento do emprego e creación de postos de traba-llo, ofrecendo ademais aos e ás beneficiarias formación para mellorar o seu curricu-lum e facelos máis competitivos no mercado laboral.

Este obradoiro enmárcarse nas iniciativas de emprego do actual goberno municipal, que ten como finalidade formar a poboación para acceder a máis ofertas de emprego e xerar oportunidades de traballo. Un plan que ten dado os seus resultado pois en ningunha etapa de gobernos anteriores se logrou en políticas de emprego nada si-milar. “Por primeira vez, Ponteareas conta con obradoiros de emprego en catro anos consecutivos”, manifesotu o Alcalde, e responsable da área de desenvolvemento económico.