A concellería de Deportes que dirixe Benito Márquez instalou unha carpa de aluminio anodizado e peche en lona branca ignífuga de douscentos metros cadrados sobre a pista de petanca existente no parque das Pombas, así como iluminación. Benito Márquez comprometeuse a instalala ante os clubes de petanca para que os deportistas poidan adestrar máis alá das inclemencias do tempo do outono e do inverno. A inversión total ascende a 2300 euros, e estará cinco meses. Asemade, tamén instalou luz nas mesmas para que
“Somos conscientes da dificultade que supón desenvolver este deporte ao aire libre nesta época, onde chove a cotío e fai moito frío. Instalamos a carpa durante cinco meses, pero se segue chovendo e facendo frío máis meses ampliaremos o prazo de arrendamento. O importante é que os xogadores de petanca poidan seguir facendo deporte nunhas condicións mellores”, indicou Benito Márquez.