Esta fin de semana cita coa tradición da man do Festival Algazara

A concellería de Cultura e Turismo que dirixe Hortensia Bautista presenta o XXI Festival Algazara organizado pola agrupación folclórica Algazara de Celeiros. 

O sábado 24 de novembro o auditorio municipal acollerá a partir das 19:30 horas as actuacións da agrupación de música e danzas Manuel de Falla do concello de Manzanares en Ciudad Real. Esta agrupación comezou a súa andaina no ano 1977 co propósito de promocionar a música e as danzas tradicioais da súa rexión e, en concreto, da súa vila. Investigar o seu folclore é un dos seus cometidos principais. Para garantir a transmisión deste patrimonio teñen a súa propia escola donde imparten clases de música e danzas para todas as idades. Dende a súa fundación organizan o Festival Nacional de Folklore Ciudad de Manzanares e o o Festival Nacional Infantil. 

Andoa Trio Fok tamén actuará no escenario do auditorio municipal. Os compoñentes de ANDOA; Ricardo Mouriño (low whistle, frauta travesera), Iago Boente (bouzouki) e Roi Adrio (percusión) teñen unha ampla traxectória no mundo da música tradicional asi como outros xéneros musicais que van desde o reggae, jazz, etc.

Pechará o acto a agrupación organizadora, Agrupación Folklórica Algazara de Celeiros, que dende o ano 1997 traballa na recuperación da tradición musical e de danza deixando o seu legado as novas xeneracións. Esta agrupación ten grupo de baile, gaiteiros e pandereteiros. Ademáis desta mostra de folclore nacional, no verán organizan o festival de folclore internacional “Algazara Danzando entre Culturas” onde participan grupos dos cinco continentes.

A Concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, agradece á Agrupación Folklórica Algazara o seu importante traballo de investigación, recuperación, difusión e transmisión entre as novas xeracións do patrimonio tradicional de Ponteaeras e convida á veciñanza a gozar destes espectáculos totalmente de balde.