Verán de aventuras na ludoteca municipal

Onte comezou o turno de maiores (11 a 16 anos) e mañá o de menores (6 a 10 anos) da ludoteca municipal na que aínda quedan prazas e continúa a súa actividade durante o mes de agosto con actividades lúdicas e didácticas para cativos e cativas de 6 a 16 anos. 

Na ludoteca medrarán da man de persoal cualificado como monitoras de tempo libre, educadora social, técnico deportiva, psicopedagoga e técnico en animación sociocultural que farán do verán dos máis pequenos unha festa na que aprender xogando.

Actividades de rescate con cans amaestrados do equipo de Protección Civil, actividades cos maiores da residencia Santa Ana, repostería, cociña, manualidades, pintura, ciencia divertidas… e un sinfín de actividades para un día a día no que espertar a curiosidade e ampliar horizontes. 

Este mesmo venres visitarán no Porriño as excavacións do paleolítico nas Gándaras de Budiño. No mes de agosto tamén visitarán as pesqueiras de Arbo e realizarán roteiros polas aldeas de Ponteareas para coñecer o seu patrimonio natural e etnográfico.

A ludoteca municipal dependente da Concellería de Benestar Social que dirixe Verónica Carrera está aberta todo o ano para axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar.

Todos e todas as que queiran participar deben anotarse no número de teléfono 986 661753 ou achegarse ata a ludoteca na Avda Castelao nº 23, baixo.

Verán de aventuras na biblioteca municipal