Ponteareas conta desde hoxe cun Centro de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0 que se ubica nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local, froito do convenio firmado polo alcalde coa Deputación Provincial.
O acto de inauguración que tivo lugar hoxe as 12:30 horas, contou coa presencia da deputada provincial Marta Iglesias, o alcalde Salvador González, a concelleira de emprego e industria, Marisol Valado, e demais membros da corporación. Entre o nutrido grupo de asistentes estiveron presentes, alcaldes dos concellos da comarca así como empresarios, autónomos e representes de asociación comerciais e empresariais.
O CPAE de Ponteareas, formará parte dunha rede de 6 oficinas, integrada por unha sede central situada no edificio administración da Deputación en Pontevedra, que dará servizo aos 12.800 autónomos e micropemes das comarcas de Pontevedra e O Morrazo e que funcionará tamén como centro de coordinación de toda a rede que, á súa vez, constará de outras catro oficinas comarcais en Cambados; Lalín; O Porriño e na sede de Vigo da Deputación.
Marta Iglesias destacou que “o obxectivo deste centro e lograr a mellora competitiva nos procesos, nos productos e nos servizos e impulsar o uso tecnoloxías da información e a comunicación para mellorar a xestión tanto no ámbito público como no privado ”.
Pola súa banda o alcalde Solla agradeceu a Deputación o feito de elexir as instalacións do CDL de Ponteareas así como o propio concello, como cabeceira deste proxecto para o Condado-Paradanta e tanto él como a concelleira de emprego atópanse moi satisfeitos con esta iniciativa, na que o concello e directamente a concelleira puxeron dende o inicio todos os recursos materiais e humanos dispoñibles, para a posta en marcha dun servizo de asesoramento a empresas e autónomos, en materia de novas tecnoloxías, que dará cobertura ás microempresas do concello e comarca (de 5 o menos empregados), axudándolles a mellorar a súa competitividade.
A Concelleira Valado, destaca ademais, que “a gran asistencia o acto de hoxe ven a poñer de manifesto que o traballo que dende o centro de desenvolvemento local se fixo en prol de este proxecto on foi en balde, porque deste xeito, con esta iniciativa, logramos dar continuidade a algúns dos servizos que anteriormente se ofrecían a través da oficina Antena Cámara, ao mesmo tempo que ampliamos a oferta para a utilización das ferramentas informáticas de xestión”, subliña Valado.
A oficina estarán abertas 60 horas semanais, de luns a venres de 10:00 a 21:00 e os sábados de 9:00 a 14:00 horas, co obxectivo de adecuarse o máximo posible ós horarios dos pequenos empresarios e autónomos.
Para facilitar o acceso a este servizo, os autónomos e pequenos empresarios poderán obter asesoramento tanto de forma presencial coma por vía telefónica ou a través da internet. Recibirán apoio e formación en cuestións como presenza web, equipamento informático, ferramentas informáticas de xestión, acceso a internet, banca en liña, sinatura electrónica, administración electrónica, uso empresarial das redes sociais, comercio electrónico, licitación e factura electrónica, solucións sectoriais como, por exemplo, a utilización de terminais de punto de venda ou plataformas de comercio virtual, entre outras.