Presentación do XV Trofeo Amizade de Natación

foto natacionNo día de hoxe, presentouse no concello de Ponteareas, o XV Trofeo Amizade de natación que se celebrará o próximo sábado día 22. Ao acto asistiron o concelleiro de deportes, Alberto Novoa, a presidenta do Club Natación Ponteareas, Pilar Gallego e o seu director técnico, Andrés Carrera.

Esta edición do xa veterano trofeo, disputarase en 2 sesións, unha de maña e outra de tarde, na piscina municipal de Ponteareas e contará coa participación de máis de 200 rapaces a rapazas de 10 clubs galegos nadando 6 probas diferentes.

O club local parte como favorito, xunto co CN Galaico de Pontevedra, para o triunfo xeral na proba. Para alzarse co VI Trofeo Concello de Ponteareas á mellor marca, tamén hai nomes destacados: Alicia Conde (CN Rías Baixas) e Adrián Gándara (CN Ponteareas)

A solidariedade tamén estará presente no evento, cunha recollida de alimentos a favor da asociación Ponte Solidario.