O Concelleiro de Cultura de Ponteareas presentou a memoria de actividades desenvolvidas no auditorio Reveriano Soutullo ao longo do ano 2013.

IMG_2540auditorio-exteriorO concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández presentou a memoria das actividades desenvolvidas ao longo do ano 2013 no auditorio Reveriano Soutullo e na sala multiusos deste auditorio.

Esta memoria recolle todas e cada unha das actividades desarrolladas nestas instalacións municipais, e que supuxeron un total de 108 actividades desenvolvidadas no auditorio Reveriano Soutullo e  46 actividades na sala multiusos.

No auditorio sobresaen as 15 representacións teatrais desenvolvidas; os 12 concertos de bandas de música; 9 actuacións corais; 9 actuacións de monologuistas; 12 proxeccións de cine e  tamén máis dunha docena de festivais dos colexios de Ponteareas,  entre outras actividades.

Esta memoria  tamén reflicte que ao longo do ano pasado pasaron polo auditorio de Ponteareas preto de 25.000 persoas que asistiron aos diferentes actos e actividades que ali se programaron. Destas actividades destacan, pola media de asistencia de público, as representacións teatrais con preto de 4.000 espectadores e os concertos de bandas de música e concertos corais con 3.500 e  2.600  espectadores.

Tamén resultaron un éxito as actuacións dos monologuistas, as proxeccións de cine,  actuacións de play-back,  etc.

En relación coa sala multiusos compre sinalar que nesta sala desenvolveronse entre outros actos,  26 conferencias e máis dunha docena de asambleas de asociacións. En total pasaron pola sala multiusos un total de 1926 persoas ao longo do ano 2013.

O concelleiro valorou como moi positivo o número de actividades desarrolladas nestas instalacións e a afluencia de público as mesmas que nos anima a seguir  dotandoas de máis  medios de cara a que siga sendo motor e punto de encontro de todas as actividades culturais, musicais e de lecer que se desenvolven en Ponteareas.