Ponteareas abre o prazo de solicitudes para as listas de contratación temporal de persoal laboral

Ábrese un prazo de 20 días naturais para presentar as solicitudes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, é dicir, do 1 ao 21 de novembro.

Os postos ofertados son oficial de cociña, axudante de cociña, auxiliar de puericultura, camareira limpadora, auxiliar de enfermería e condutor palista e peón do Grumir, así como profesores de clarinete, frauta traveseira, gaita,  guitarra, óboe, percusión, saxofón, trompeta, tuba, viola, violín, violonchelo, linguaxe musical e piano.

 “Con esta medida mellorase o sistema de contratación e suprímese a bolsa anterior que xa quedara desfasada.”, explica o alcalde Xosé Represas. “Con esta bolsa de emprego o Goberno quere asegurar a transparencia e a todas garantías nas contratacións dos traballadores. ”, engade.

Represas explicou que “o obxectivo é que as persoas que opten a cubrir unha praza teñan garantido a igualdade de oportunidade mediante un proceso en concorrencia competitiva e con todas as garantías de transparencia.

As bases, neste primeira fase son para os servizos municipais de oficial de cociña, axudante de cociña, auxiliar de gardería, camareira – limpadora, auxiliar de clínica, condutor – palista e peón do Grumir, así coma profesores de clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, óboe, percusión, saxofón, trompeta, tuba, viola, violín, violonchelo, linguaxe musical e piano. Posteriormente, porase en marcha o proceso para outras prazas, unha vez que venza o seu período de vixencia.

Para determinados postos esixirase a formación específica para ese servizo, así como o resto da documentación requiridas nas bases, publicadas tamén na web municipal, e o prazo para a presentación de currículos dos interesados para comezar o procedemento de selección será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), é dicir, do 1 ao 21 de novembro.