Ponteareas acolle este fin de semana as xornadas micolóxicas dentro da Feira de Outono

A Biblioteca pública municipal dependente da Concellería de Cultura e Lecer organiza o vindeiro fin de semana unhas xornadas micolóxicas para achegar o mundo das setas a todos os cidadáns

cartel-setas

A primeira das actividades previstas é unha conferencia  micolóxica a cargo de Anxo F. Saborido, presidente do grupo ecoloxista Adenco, que nos achegará o mundo da micoloxía e nos dará claves para recoñecer as setas do noso entorno. A charla celebrarase o ás 19.30 h. do venres 4 de novembro, na sala de usos múltiples da biblioteca municipal.

A seguinte cita é o sábado 5 de novembro ás 16.00 h. diante da Biblioteca Municipal, punto de saída dunha ruta micolóxica que nos levará polos montes do entorno onde dous experto identificaran e explicaran as setas que nos atopemos durante o recorrido.

Cos cogumelos recollidos montarase unha exposición o domingo 5 de novembro na carpa onde se celebra a feira de outono. Os máis cativos poderán achegarse ao mundo das setas durante o contacontos do xoves 3 de novembro realizando un obradoiro relacionado coa micoloxía.

Hortensia Bautista, Concelleira de Cultura e Lecer invita a todos os interesados no mundo da micoloxía a achegarse a estas actividades encandradas dentro do programa “Coñece Ponteareas” que pretende por en valor a riqueza do noso entorno natural.