O Corpo de Bombeiros de Ponteareas retira un niño de avespa asiática en Arcos

O corpo municipal segue colaborando coa Consellería de Medio Rural na retirada deste tipo de niños

Algúns membros do corpo municipal ofreceron unha charla na Ludoteca Municipal para informar aos más cativos desta problemática

IMG-20150828-WA0006O Corpo Municipal de Bombeiros do Concello de Ponteareas retirou, o pasado xoves 27 de agosto ás 22:00 horas, un niño de avespa asiática situado na parroquia de Arcos, concretamente no barrio da Serra.

O niño atopábase a 6 metros de altura, nunha maceira, e posuía unas dimensións de 60 x 40 centímetros. Deste xeito, o Corpo Municipal de Bombeiros, dependente da concellería de Seguridade Cidadá que xestiona Vanesa Fernández, segue colaborando coa Consellería de Medio Rural na retirada destes niños, suprindo en moitas ocacións o labor que debería facer Tragsa, a empresa contratada pola Xunta para realizar estas funcións.

Tanto a concellería de Seguridade Cidadá como o propio goberno municipal teñen o firme compromiso de loitar contra unha praga que esta prexudicando a moitos veciños e veciñas da vila. Proba disto é a reunión con apicultores que tico lugar o pasado luns para explicar cales serán as medidas a tomar por parte do concello nesta materia, ademais dunha recente charla que os propios n¡bombeiros veñen de ofrecer na Ludoteca Municipal, de maneira que os máis cativos teñan nocións básicas acerca da avespa asiática e saiban cales son as precaucións e as conductas a seguir no caso dun avistamento deste tipo de niños.