Ponteareas ofrecerá un obradoiro gratuíto de técnicas para falar en público

A Oficina Municipal de Información Xuvenil, dependente da Concellería de Xuventude  que dirixe Verónica Carrera, organiza un taller de técnicas para falar en público, que terá lugar os días 2 e 7 de setembro

omix-ponteareasA concellería de Xuventude que dirixe Verónica Carrera porá en marcha un curso, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, destinado a dotar ás persoas participantes de habilidades para manter unha comunicación efectiva co seu entorno, xa sexa no ámbito persoal como laboral.

O obradoiro ten por obxectivo salientar a importancia da comunicación nas relacións cotiás, apuntando que un mal discurso oral pode mesmo xerar malentendidos que  poden facer ver a algunhas persoas como un mal amigo, compañeiro, empregado, xefe, etcétera.

A comunicación efectiva é a transmisión de mensaxes con claridade entre un emisor e un receptor sen que intercedan obstáculos ou tamén chamados “ruídos”.

As clases desenvolveránse na Sala de Usos Múltiples Biblioteca Municipal de Ponteareas en horario de 17:00 h a 20:00 h.

Este taller de técnicas para falar en público é totalmente gratuíto, como habitualmente acontece coas iniciativas que se desenvolven dende a OMIX  de Ponteareas, e  os interesados poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil do concello situada na Biblioteca Municipal da rúa A Perillana, ou ben chamar ao teléfono 672 105 468.