A Secretaría Xeral de Política Lingüística impartirá un curso gratuíto para a obtención do Celga III

O prazo para inscribirse remata o vindeiro 8 de setembro, inclusive

O curso terá lugar no IES Val do Tea

celga_pequeno_lateralA Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de facer pública a resolución pola que se convocan os cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga).

No caso do Concello de Ponteareas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística impartirá as materias precisas para a obtención do Celga 3. O curso terá lugar no IES Val do Tea entre os días 19 de outubro e 9 de decembro de 2015.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). O prazo para inscribirse remata o vindeiro día 8 de setembro, inclusive.

Todas aquelas persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao departamento de Normalización Lingüística, situada na segunda planta da Casa do Concello de Ponteareas.