O Concello de Ponteareas, convidado a expoñer o seu modelo de mobilidade nunhas xornadas en Porto

A recuperación do espazo público para as persoas na vila foi incluída no programa das xornadas como exemplo de boas prácticas

O Concello de Ponteareas, convidado a expoñer o seu modelo de mobilidade nunhas xornadas en PortoPonteareas dará a coñecer o vindeiro día 6 de decembro en Porto o seu modelo de mobilidade e de recuperación do espazo público para as persoas, no marco das xornadas que conmemoran os 25 anos da lei de accesibilidade en Portugal.

O Concello de Ponteareas foi convidado polo Instituto de Cidades e Vilas con Mobilidade que organiza as xornadas para expoñer o seu modelo dentro do apartado “Boas prácticas internacionais” e baixo o título “Boas prácticas de deseño urbano e mobilidade: estudo do caso de Ponteareas – Galiza”. O encargado de realizar o relatorio en representación do Concello será o primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera.

Nas xornadas participan diferentes Secretarios de Estado do país veciño así como representantes de concellos como o de Porto ou Portimão.

O Goberno municipal amosouse satisfeito polo crecente recoñecemento do que está sendo obxecto por parte doutras institucións galegas e internacionais a gran transformación no espazo público implementada nos últimos anos en Ponteareas.