O Concello de Ponteareas celebra mañá por primeira vez o Día de Galicia – Día da Patria Galega

Os actos desenvolveranse a partir das 12.30 horas nos Xardíns da Xiralda, a carón da Casa do Concello, coa lectura do manifesto por parte do escritor Manrique Fernández, autor tamén do mesmo, e as palabras do alcalde Xosé Represas

Foron convidados todos os membros da Corporación Municipal, así coma representantes dos distintos colectivos de Ponteareas. O Concello de Ponteareas fai extensivo este convite a toda a cidadanía da vila para celebrarmos xuntos o día grande da nosa terra.

A data do 25 de xullo como día da Patria Galega foi institucionalizada por primeira vez en 1920 polas Irmandades da Fala, entidade da que celebramos neste ano 2016 o centenario da súa constitución. Dende 1920, o 25 de xullo é a data de referencia para a reivindicación de Galicia como nación.