O Museo do Reloxio e os Bonecos abriulle as portas ás nenas e nenos do Campus Tea

Os cativos e as cativas tiveron a oportunidade de aprender o funcionamento dos reloxos da man do coleccionista Secho Suárez e as incribles historias dos bonecos feitos de material de reciclaxe de Héctor Rodríguez

O Campus Tea, organizado dende a concellería de Ensino dirixida por Cristina Fernández, vén de desenvolver unha visita á exposición de reloxos e bonecos de reciclaxe sita na antiga ferraxería Mariño da rúa Esperanza.

A pequena excursión serviu para que un cento de rapaces e P1310610as rapazas inscritos no campamento urbano, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, coñeza mellor o funcionamento dos reloxos coleccionados polo veciño de Ponteareas Secho Suárez, cuxa afección xa é unha tradición familiar.  Os máis pequenos puideron coñecer mecanismos como o reloxo de máquina de torre, unha maqueta da torre do reloxo de Baiona, tres pezas raras do famoso reloxeiro francés Fourcaut ou unha peza de 1740 da casa Thwaites &Reed, primeira encargada de manexar o Big Ben.

Deseguido, as pícaras e pícaros puideron marabillarse coas fantásticas narracións das personaxes  agochadas tras os bonecos creados por Héctor Rodríguez realizados con materiais de reciclaxe froito da súa imaxinación: aventureiros, viláns e mesmo heroes “de cómic”, e mesmo facer debuxos sobre todas as curiosidades observadas.

P1310717

Cristina Fernández quere “agradecer a colaboración de Secho Suárez e Héctor Rodríguez, á hora de poder mostrarlle aos nenos e nenas do Campus-Tea esta exposición tan creativa e interesante que fixo a ledicia dos máis pequenos e espertou a curiosidade dos maiores”.