A segunda edición de Festival Algazara Danzando entre Culturas supera con éxito o público do ano anterior

Os espectáculos das agrupacións paraguaia Revoké e sudafricana Themba Njilo Foundation axudaron a encher o anfiteatro do Parque da Feira VellaQ55A8578

Danzando entre Culturas vai camiño de converterse nun evento imprescindible da época estival en Ponteareas. A súa segunda edición non deixou indiferente a ninguén como xa ocorrera no ano do seu estreo, no 2015. Nesta ocasión, o grupo guaraní Revoké e o zulú Themba Njilo Foundation fixeron as ledicias dos asistentes coa súa música tradicional ornamentada por bailes acrobáticos e coloridos no serán do 24 de xullo.Q55A8661

Antes das actuacións, o alcalde Xosé Represas, a 1ª Tenente Alcalde María Jesús Garrote, e a concelleira de Cultura e Lecer, Hortensia Bautista, fixeron entrega ás diferentes delegacións de Galiza, Paraguai e Suráfrica de agasallos por ter a ben ofrecer cadanseu espectáculo na vila do Tea.