O Centro Asprodico foi testemuña dunha xornada de convivencia para conmemorar o Día da Discapacidade

xornada-convivencia-asprodico-1A concellería de Benestar Social e Igualdade e a Asociación de Discapacitados do Condado e A Paradanta (Adapta), veñen de organizar unha xornada de convivencia entre os usuarios do Centro de Día de Mondariz, dependente de COGAMI (federación á que pertence a asociación Adapta), e os alumnos do taller ocupacional do Centro Municipal Asprodico.xornada-convivencia-asprodico-2

As instalacións deste centro municipal serviron para vivir unha xornada de convivencia á que asistiron a propia concelleira da área, Verónica Carrera, e o alcalde ponteareán, Xosé Represas. Tanto os usuarios do Centro de Día de Mondariz como os alumnos do taller ocupacional e propia presidenta da asociación Adapta, Montserrat Cuevas, leron senllos manifestos que incidiron na importancia da inclusión e o empoderamento para persoas con todo tipo de capacidades en todos ámbitos da sociedade. Todos eles puideron compartir un almorzo e practicar diversos exercicios ximnásticos de maneira conxunta.