Máis de sesenta nenas e nenos aprenden a cociñar co programa Ponte a Cociñar nos meses de verán

“É un auténtico éxito de participación, a acollida está a ser estupenda, por parte dos pais e nais, e dos nenos e nenas”, explica a concelleira de Cultura e Lecer, Hortensia Bautista

Durante todas as mañás dos martes dos meses de xullo e agosto, de 11 a 13 horas as nenas e nenos de Ponteareas están a iniciarse no mundo da cociña co programa Ponte a Cociñar, organizado pola Concellaría de Cultura e Lecer, coordinada por Hortensia Bautista, no Mercado Municipal de Ponteareas.

IMG_20160809_122014 (1)

O número de participantes chegou nesta edición a sesenta, divididos en dúas quendas para unha mellor organización. Na mañá do 9 de agosto prepararon unhas ledicias de touciño e queixo en masa follada. En outras ocasións realizaran rosquiñas, a receita máis tradicional da vila do Tea, pizza ou croissants, receitas de orixe italiano e francés, mais moi comúns na dieta actual das familias hoxe en día.