Ponteareas adxudica o servizo de retirada de vehículos con guindastre

Remátase cunha situación na que desde 2006 o servizo prestouse “sen amparo contractual” ata a entrada do Goberno actual

O Goberno local adxudicou o servizo de retirada con grúa de vehículos que non estean estacionados axeitadamente, durante o período de 2 anos. A empresa adxudicataria que xestionará o servizo do Concello recibirá unha retribución total de 60.000 euros, sen IVE incluído.

Trátase dun servizo que se estivo prestando sen contrato dende o ano 2006 e cuxa última adxudicación se produciu en 2001 por un período de cinco anos. Os contratos de xestión dun servizo público non poden ter carácter perpetuo e indefinido, debendo quedar fixadas obrigatoriamente as prórrogas e súa duración no prego de condicións. É por isto que, de acordo co informe do asesor xurídico municipal o servizo veuse prestando dende 2006 “sen amparo contractual”.

“Dotamos, ao fin, de legalidade a un servizo municipal que estivo demasiado tempo sen cumprir a normativa vixente pola irresponsabilidade do anterior executivo, e que por primeira vez en 10 anos vai ser prestado de maneira regular”, tal e como ven de expresar a concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández.