Este domingo aterra na Feira Vella o afamado gaiteiro Óscar Ibáñez

Entrada de balde previa reserva para gozar dun dos músicos máis premiados da nosa terra

A concellaría de Cultura, que dirixe Fernado Groba, convida a toda a cidadanía ao concerto do músico Óscar Ibáñez & Tribo o vindeiro domingo día 11 ás 19:30 horas no parque da Feira Vella.

Este concerto, enmarcado no Concurso de Gaitas e adiado por mor da climatoloxía adversa, será de entrada gratuíta e brindará ao espectador a ocasión única de gozar na súa vila dun dos máis afamados e recoñecidos compositores galegos.

Polifacético, o gaiteiro Óscar Ibáñez aterra en Ponteareas logo de actuar nos festivais máis importantes de todo o mundo. Máis de corenta premios avalan a súa longa traxectoria que comezou en Poio da man do grupo Treboada. Imparte cursos de gaita nos centros galegos de toda Europa e América e as súas gravacións figuran en máis de vinte discos.

No concerto deste domingo como teloneiro actuará o Grupo Avelaíña gañador do LIII concurso de gaitas de Ponteareas.

As persoas interesadas deberán reservar entrada en i.gal/oscaribanez

Como en tódolos eventos e actividades do concello de Ponteareas desenvolverase baixo as máis estrictas normas de seguridade sanitaria.