Mañá abre o prazo para inscribirse na ludoteca municipal

A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, informa da apertura do prazo de inscrición da ludoteca para este curso 2020-2021.

Mañá día 6 e o mércores día 7 de 09:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas as familias poderán inscribirse neste servizo municipal que organizará o curso en grupos e horarios en función da demanda para axudar nunha mellor conciliación laboral e familiar.

Na ludoteca municipal promóvese espertar a creatividade e a curiosidade pola aprendizaxe a través de actividades e saídas lúdico-didácticas. Baixo as medidas protocolarias consonte ao Plan de Reactivación no ámbito infanto-xuvenil da Xunta de Galicia, a ludoteca ofrecerá saídas medioambientais, actividades de fabricación de xabóns ou candeas, manualidades, repostería e cociña, expresión corporal e musical, bixutería e coiro e xogos, entre outras propostas.

Se tes entre 6 e 12 anos e queres aprender xogando podes chamar ao número de teléfono 673 79 47 60.