Gala de entrega de premios do concurso de debuxo “Debuxa o TEuA”

Alumnado de educación primaria de Ponteareas participou nesta iniciativa de visibilización do autismo organizada por Familias AzuisA concellaría de Ensino que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, convida a asistir á entrega de premios do concurso Debuxa o TEuA organizado pola asociación Familias Azuis, co apoio da Xunta de Galicia, para promover o coñecemento e a concienciación sobre o autismo.

A gala de entrega de premios será na sala multiúsos do auditorio municipal o venres 9 de outubro ás 18 horas e o público poderá gozar da música de piano en directo interpretada por unha persoa con autismo.

O concurso de debuxo dirixíuse a alumnado de educación primaria dos centros de ensino de Ponteareas. O xurado, composto pola activista Montserrat N. Ríos do blog Asper Revolution que traballa en CEPAMA e pola ilustradora Luz Beloso, entregará unha tablet ao primeiro premiado, un valede 50€ para material escolar para o segundo premiado.

Familias Azuis recomenda reservar entrada por whatsapp no número de teléfono 671 496 458.

Concellaría e organizadores solicitan o apoio de toda a cidadanía no traballo de visibilización do autismo que afecta a un de cada 150 nenos e nenas. Reivindicar os seus dereitos e a súa completa integración social está nas mans de toda a socidade.