A Concellería de Deportes repón as redes de baloncesto das diferentes pistas de Ponteareas

Todas elas se atopaban nun estado lamentable dende facía varios anos

A Concellería de Deportes ven de repor esta semana todas as redes de baloncesto das pistas públicas existentes no Concello: seis nas diferentes pistas do Parque das Pombas, dúas na pista polideportiva da Freixa, instalada fai uns meses, e dúas máis na pista a carón do Conservatorio.

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, departe sobre o problema co técnico

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, departe sobre o problema co técnico

“O verán xa está aquí e queremos mellorar as pistas de baloncesto, porque é un deporte que cada vez máis os rapaces e rapazas practican no seu tempo libre”, explicou o concelleiro de Deportes, Benito Márquez.

Ademais, a Concellería de Deportes repuxo tamén as redes de fútbol sala e balonmano da pista que está a carón do Conservatorio e que, segundo informa o Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, “foron roubadas no pasado mes”.