Ponteareas contará con escolas deportivas gratuítas durante os meses de xullo e agosto

Un total de 11 modalidades diferentes conforman a oferta deseñada dende a Concellería de Deportes

Colaboran gratuitamente na súa realización diferentes entidades e clubes deportivos da localidade ponteareá

O Concello de Ponteareas xa ten preparadas as escolas deportivas que se desenvolverán no municipio durante os meses de verán. Doce especialidades diferentes compoñen unha oferta variada e moi completa, na que os rapaces e as rapazas da vila terán a oportunidade de coñecer e practicar unha boa parte das modalidades que existen arestora na vila do Tea.

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, presenta o programa das escolas deportivas de verán.

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, presenta o programa das escolas deportivas de verán.

Baloncesto, fútbol sala, patinaxe, taekwondo, tenis, bádminton, billar, xadrez, wu shu, cartel escolas deportivas defsendeirismo e baile son os deportes que figuran nun cartel “completo e ambicioso, no que se seguimos apostando por visualizar deportes minorizados que existen na nosa vila. Animamos a todos os rapaces e rapazas de descubrir estas disciplinas deportivas”, sinalou o edil ponteareán de Deportes, Benito Márquez.

Os horarios das

actividades das distintas modalidades, que terán lugar de luns a venres, xa se poden consultar na web do concello na seguinte ligazón: www.ponteareas.gal. As idades dos rapaces e das rapazas participantes van dende os catro anos en adiante, en función da especialidade. O período de inscricion xa está aberto e remata o vindeiro 30 de xuño, inclusive. Todas as persoas interesadas deberán achegarse até o Departamento de Deportes do Concello de Ponteareas ou informarse a través do número de teléfono 673 081 209.

Márquez manifestou que “somos perfectamente conscientes de que este tipo de iniciativas son unha necesidade para o municipio, pois axudan á conciliación laboral e familiar e, asemade, teñen un compoñente educativo importante”.

O edil tamén quixo agradecer a “colaboración das entidades e clubs deportivos da vila que participan, pois sen eles non sería posible poñer en marcha estas escolas. Tivemos unha moi boa acollida pola súa parte e agardamos seguir traballando xuntos nun futuro próximo”.