O BOP convoca a praza de técnico da EDUSI

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ven de publicar a convocatoria da praza de funcionario interino A2 técnico EDUSI aprobada por resolución da Alcaldía de Ponteareas o pasado día 11 de xullo.
O responsable do posto cumprirá as labores de Coordinador administrativo do Programa de Desenvolvemento Urbano sustentable e integrado “Ponteareas, Hábitat Saudable” e debe contar con experiencia na xestión de programas de Fondos Europeos.
A partires desta publicación no BOPPO ábrese un prazo de dez días hábiles contados a partires do día seguinte ó da publicación que rematará o venres 18 de agosto inclusive.
O antedito programa foi concedido ao Concello de Ponteareas por resolución do 29 de setembro de 2016 da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos pola que se conceden axudas da primeira convocatoria para a selección de desenvolvemento urbano sustentable e integrado financiado con Fondos FEDER.
A provisión resulta necesaria, urxente e esencial para a posta en marcha das accións da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”.
O procedimiento de selección será por concurso-oposición e é requisito imprescindible ser diplomado universitario ou grao equivalente.