A banda de gaitas Tremiñado gaña a XXVI Liga Galega de Bandas de Gaitas na primeira categoría

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, quixeron felicitar á Banda de Gaitas Tremiñado que ven de gañar a final da XXVI Liga Galega de Bandas de Gaitas celebrado en Santiago de Compostela na Cidade da Cultura este sábado 29 de xullo.
A Banda, que venceu na categoría de primeiro grado, a principal das tres divisións nas que se organiza este certame, recibíu o galardón da man do Conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez. Esta liga que organiza a Federación Galega de Bandas de Gaitas en colaboración coa Xunta de Galicia contou coa participación de bandas chegadas de toda a península.
Este certame esta aberto a tódalas bandas de gaitas que toquen gaita galega. A Banda de Gaitas Tremiñado xa conseguira o primeiro premio na terceira categoría hai dous anos pero esta é a primeira vez que gañan na categoría máis importante da liga.
A banda fundada e dirixida por Antonio Gutiérrez Pereira no ano 1998 acolle a máis de vinte músicos que levan a tradición galega por todo o mundo. Ademais, a Banda Tremiñado ofrece clases de gaita, percusión e baile a partir dos cinco anos de idade. Todos os que estean interesados en aprender da man desta experta banda poden recibir información no teléfono 607 79 79 16 ou na páxina de facebook Banda de Gaitas Tremiñado.