A Concellería de Cultura de Ponteareas convida aos veciños a elexir ao gañador de “Remata o Conto”

A Concellería de Cultura de Ponteareas convida a tódolos veciños a participar na elección do gañador de “Remata o conto”, actividade encadrada na I Feira do Libro e que contou coa participación dos negocios de hostelería de Ponteareas, a través da Concellería de Comercio, ofrecendo aos seus clientes o comezo dun relato, escrito polo escritor Manrique Fernández, ao que debían por un desenlace final. 

Tódolos interesados en votar ao gañador deben entrar na páxina de facebook “Cultura e Turismo Ponteareas” e seleccionar un dos cinco textos finalistas ou clikar directamente neste enlace: https://www.facebook.com/visitponteareas/