A OMIC atendeu ao público na Praza Bugallal

O venres 18 de marzo, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor instalou un posto de información na Praza Bugallal para conmemorar o Día Mundial do Consumidor

omic-praza-bugallal-3A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Ponteareas, xestionada por Antonia Yanes, trasladou o seu servizo á Praza Bugallal para conmemorar o Día Mundial do Consumidor, que se celebrou o pasado 15 de marzo.

Deste xeito, o venres 28 de marzo, dende as 09:00 e até as 14:00 horas, todos os veciños e veciñas interesados coñeceron un pouco máis polo miúdo o labor que se realiza dende esta oficina para a resolución de conflitos de consumo.

Todas aquelas persoas que decidiron pasar polo stand da OMIC puideron, asemade, levar diferentes folletos informativos e unha carpeta personalizada na que poder gardalos e na que se especifican os labores de asesoramento que se levan a cabo dende a OMIC de Ponteareas.

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor está situada no Edificio de Servizos Socias, na rúa Oriente, número 8, 2ª planta. O seu enderezo electrónico é omic.ponteareas@xunta.es e o horario habitual de atención ao público é de 08:00 a 15:00 horas.