Fotografía de cine no Auditorio Municipal

Dende o 19 até o 31 de marzo todas as persoas que se acheguen poderán gozar dunha homenaxe fotográfica ao sétimo arte

fotogrO Auditorio Reveriano Soutullo acollerá, dende o 19 até o 31 de marzo, a exposición Fotogramas por segundo, unha homenaxe fotográfica do autor Xosé Holgado ao cine. Este proxecto naceu como traballo de fin de carreira, do grao en Comunicación Audiovisual. Trátase dunha serie de fotografías que renden tributo ao sétimo arte, a partir dun minucioso traballo de reconstrución dos fotogramas dalgúns filmes que marcaron aos espectadores ao longo da historia do cinema.fotogramas-por-segundo

Un verdadeiro exercicio de iluminación, no que a luz é a protagonista, sen restar importancia ó resto da posta en escena: vestiario, perruquería e atrezzo, todos estes elementos combínanse á perfección para encher as imaxes de atmosfera.

Un mal día

O Auditorio Municipal tamén será o escenario no que se represente a obra de teatro Un mal día, do compañía Todos Xuntos, o sábado 19 de marzo a partir das 20:30 horas. Trátase dunha comedia centrada nunha historia de enredos provocados por un director de cine a punto de comezar a rodaxe da súa próxima película, motivo polo que recibe a visita de amigos e familia, causando unha situación chea dunha serie de equívocos que procurarán a risa do público asistente ao Auditorio Reveriano Soutullo.