O Museo recibiu a visita de alumnos dos institutos de Ponteareas

visita-museo-alumnos-iesO Museo Municipal, situado na rúa Perillana, número  recibiu a visita de alumnos de secundaria e bacharelato dos IES Ponteareas, Val do Tea e Pedra da Auga. Os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer máis polo miúdo a historia dos materiais que se custodian nesta instalación, como algúns procedentes das escavacións arqueolóxicas do Castro de Troña; materiais arqueolóxicos da comarca, entre os que cabe destacar os instrumentos paleolíticos ou o petróglifo procedente de Chan de Gándara e que formaba parte do desaparecido Museo de Pías.

Ademais, os rapaces e rapazas puideron informarse acerca dos servizos que presta a Biblioteca Municipal, como de préstamo, o de hemeroteca ou o de microteca, ademais de coñecer o traballo que se fai dende o departamento de Mocidade e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).