XI Torneo de Tenis nas pistas da Freixa

O concello de Ponteareas a través da concellería de Deportes, que dirixe Nahir Covelo, convida a toda a veciñanza ao XI Torneo de Tenis que se celebrará dende mañá día 30 ata o 8 de setembro nas pistas da Freixa.

Organizado polo Club Tenis Ponteareas en colaboración co concello de Ponteareas entregaránse trofeos aos campións e finalistas das categorías que competirán en categoría masculina federada (alevín, infantil, cadete, absoluto, Vt+35 e Vt+45) e na categoría feminina federada (alevín, infantil, cadete e absoluto). Nas categorías populares tanto masculina como feminina competirán en absoluto e dobles.