Mellora de accesibilidade en distintos tramos de beirarrúas do centro urbano

A concellería de Vías e Obras, que dirixe Chus Garrote, realiza con fondos propioos obras de mantemento de beirarrúas e mellora de accesibilidade en distintos puntos do centro urbano e da súa contorna.

Na rúa Sarmiento Rivera e Xoan Trovador de Guillade á altura do policlínico adaptáronse as beirarrúas á rasante para facilitar o acceso universal, neste último punto tamén se repintou o paso de peóns. Nesta mesma rúa ao mudar de emprazamento o paso de peóns ubicado nas inmediacións dunha gardería, tamén se tiveron que readaptar as beirarrúas.

Ademais, na rúa Braña taméns e fixeron traballos de mellora de accesibilidade.

Nesta semana os operarios de Vías e Obras realizan tamén obras de mellora e mantemento nas beirarrúas da rúa Real en distintos tramos.