Tres representantes do grupo de participación ‘Mentes Novas’ de Ponteareas participa no Encontro Estatal de Consellos da Infancia e a Adolescencia

Tres representantes do grupo de participación ‘Mentes Novas’ de Ponteareas participa no Encontro Estatal de Consellos da Infancia e a Adolescencia

Organizado por Unicef, reunirá a mozos e mozas de toda España esta fin de semana en Cáceres

Juan, Lucía e Mateo foron as tres persoas seleccionadas entre os seus propios compañeiros e compañeiras para participar como representantes do grupo de participación infantil e xuvenil ‘Mentes Novas’ de Ponteareas para acudir ao sétimo Encontro Estatal de Consellos Locais de Participación Infantil e adolescente organizado por Unicef do 4 ao 6 de novembro en Cáceres. As e os representantes ponteareáns asistirán acompañados pola concelleira de Igualdade, Verónica Carrera, e compartirán experiencias cos mozos e mozas dos máis de 60 consellos de toda España.

Durante estes tres días, todas e todos os participantes traballarán para crear propostas de mellora relacionadas con temas como a saúde mental, a igualdade de xénero ou o medio ambiente, entre outros. Pola súa banda, Unicef encargarase de elaborar un manifesto que recompilará todo este traballo, que se presentará ante o Congreso dos Deputados e que rapazas e rapaces poderán, á súa vez, levar aos seus municipios e compartir co resto de integrantes do grupo de participación infantil e adolescente, co Goberno municipal e cos centros de ensino.