Unha comedia de enredo para gozar este sábado en Areas do programa Cultura24

O grupo de teatro afeccionado Pena do Equilibrio representará ‘O tiro pola culata’ ás 20.30 horas

Unha comedia de enredo para gozar este sábado en Areas do programa Cultura24Ponteareas énchese esta fin de semana de humor e teatro da man do programa Cultura24. O grupo de teatro afeccionado Pena do Equilibrio subirá ao escenario para representar ‘O tiro pola culata’, unha obra orixinal de Paula Lorenzo Sertaje que divertirá ao público a través dunha comedia de enredo na que non faltará a picaresca e onde a realidade sempre é diferente á ficción.

A actuación será de balde a partir das 20.30 horas no CCAD de Areas. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a todas e todos os ponteareáns “a gozar dunha tarde de comedia con esta nova actividade do Cultura24, un programa co que buscamos ofrecer á veciñanza un amplo programa de actividades gratuítas ao tempo que dinamizamos as nosas parroquias e promocionamos a arte e ás nosas agrupacións musicais e culturais”.