Todos os que aportaron enseres para atender as emerxencias no pavillón poden pasar a recollelas

Dende o complexo deportivo da piscina de Ponteareas queren agradecer a axuda de tódolos veciños e veciñas que aportaron mantas, roupa, alimentos e todo o preciso para que se puidera atender axeitadamente ás persoas que pasaron a noite no pavillón.

Todos os que aportaron axuda poden pasar polas instalacións da piscina municipal para recoller as súas cousas. Os enseres que non sexan recollidos serán donados a partir de mañá a colectivos e asociacións solidarias sen ánimo de lucro de Ponteareas para que eles as poidan repartir aos que máis o necesiten.