Teatro na praza Bugallal ás 21:00 horas

A actividade enmárcase dentro da programacións de actos organizados polo club infantil de recente creación “A Rebuleira”

club-a-rebuleiraEsta noite de venres, 10 e xullo, a praza de Bugallal, en Ponteareas, será o escenario da obra de teatro “Lume lume, hai lume en Codeseda”. A actuación será ofrecida polo grupo infantil “Os Trasnos”, dirixido por María Otero, a partir das 21:00 horas.

Esta actividade de teatro na rúa atópase dentro do programa de actos previstos pola Asociación Xuvenil “A Rebuleira”, creada recentemente polo Centro Comercial Aberto Ponteareas Comercial e que conta coa colaboración da concellería de Cultura, dirixida por Hortensia Bautista, e da concellería de Comercio, xestionada por Mario Lago.

Este club desenvolverá ao longo do ano diferentes cursos, obradoiros, visitas guiadas, concursos, desfiles e outras actividades. Os socios do club gozarán de vantaxes e descontos nos establecementos adheridos ao Centro Comercial Aberto Ponteareas Comercial.