Primeiro Festival de Playback en Areas

O vindeiro 11 de xullo, a partir das 22:00 horas, tres grupos de cativos no torreiro na parroquia ponteareá

festival-playback-areasO torreiro de Areas será o escenario do primeiro Festival de Playback celebrado nesta parroquia ponteareá. O espectáculo, contemplado dentro da programación de actividades prevista pola Casa Cultural de Areas, dará comezo ás 22:00 horas do vindeiro sábado, 11 de xullo.

O festival contará coa participación dos grupos “Arte Xoven” (Areas, Ponteareas), “Playback Alba” (Torneiros, O Porriño), e “Pedra Moura” (Atios, O Porriño). O concurso estará dividido en tres categorías; a primeira delas agrupará aos cativos de entre 3 e 9 anos; a segunda será para os rapaces de entre 9 e 14 anos; e a terceira será para as persoas de 14 anos en adiante.

Dende a Casa Cultural de Areas e dende a propia concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, xestionada por Hortensia Bautista, animan a todos aqueles amantes da música a pasar un bo rato con este festival.