Restrinxido o acceso á rúa Santa Ana dende o venres ás 8 horas até as 18 horas do sábado

 

O Concello de Ponteareas informa que como consecuencia das obras de instalación da caldeira de biomasa se restrinxirá o acceso rodado á rúa Santa Ana dende o venres 12 ás 8 horas até o sábado 13 ás 18 horas do seguinte xeito:

 

TRAMO 1: dende Vidales Tomé até a entrada da Residencia Santa Ana: non se poderá circular nin entrar nin sair con vehículos. En consecuencia non será posíbel a entrada e saída nos garaxes situados nese tramo.

 

TRAMO 2: Dende a entrada da Residencia Santa Ana até a Praza Maior/San Xoaquín: poderase acceder pola rúa de Oriente e San Xoaquín; sairase pola Praza Maior.

 

No tramo 1 puntualmente por razóns de seguridade poderase limitar a accesibilidade a pé.

 

Agradecemos a comprensión da veciñanza diante das incomodidades e inconvintes que sempre xera calquera obra en espazos públicos. Para calquera aclaración ou situación non prevista nesta comunicación poden contactar coa Policía Local (092 desde Ponteareas ou 986640050) ou en mobilidade@ponteareas.gal