Rematan os labores de mantemento no campo de Pardellas

campo-pardellas-herba-artificialOs labores de mantemento no campo de fútbol de herba artificial situado no complexo Deportivo Municipal de Pardellas, en Ponteareas, xa están acabadas. O traballo levouse a cabo en tres fases.

A primeira delas consistiu nun cepillado rotativo da superficie, que ten como principal obxectivo manter a distribución uniforme do material de lastrado, ademáis de asegurar a verticalidade da fibra. Trátase dunha operación que tamén permite eliminar os materiais que non son propios do terreo de xogo.

Acto seguido procedeuse a descompactar o recheo de caucho e area, para finalmente levar a cabo o recebado con caucho para recuperar as prestacións biomecánicas do terreo de xogo.

Tratábanse de operacións de mantememento moi necesarias dada a alta utilización deste campo por diferentes equipos, tanto para adestrar como para xogar partidos de competicións federadas.