20 novos postos de traballo en Ponteareas

DSC01526O Concello de Ponteareas, a través da concellería de emprego que dirixe Marisol Valado, ven de anunciar, a vindeira contratación de 20 traballadores, para a prestación de determinados servizos e obras esenciais para a comunidade.

Este e o segundo plan de emprego, que se pon en marcha este ano, despois que a primeiros de abril, se contrataran aos 34 primeiros traballadores, acollidos ao plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais da Deputación de Pontevedra.

As novas contratacións, faranse o amparo das axudas que a Xunta de Galicia e o concello, poñen a disposición dos Ponteareáns, no ámbito do fomento do emprego e a mellora da empregabilidade e destinaranse a obras ou servizos de interese xeral ou utilidade social.

Os novos contratos, terán una duración de sete meses, cunha xornada de 28,12 horas semanais e se distribuirán en:7 prazas para traballadores de conservación de parques urbáns, xardíns históricos e botánicos; 7 prazas para mantedores de edificios e 6 prazas para peóns da construción de edificios.

Para acceder a estas contratacións, os traballadores, deberán ser persoas desempregadas,  perceptoras de prestacións sociais, destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA), inscritas na Oficina de Emprego de Ponteareas. Terán preferencia, en todo caso, as persoas perceptoras de RISGA que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral e os maiores de 25 anos que teñan cargas  familiares.

Na páxina web do concello e no facebook do CDL, figuran publicados, os códigos das ocupacións polas que se presentará a correspondente oferta. Calquer persona interesada  pode acceder a eles de forma directa ou ben chamando ao número do CDL 986 66 10 50 ou ao departamento de recursos humáns 986 66 10 50.

O alcalde Solla, pon de manifesto o compromiso do concello co emprego, salientando que con este novo plan e en tan só un mes,  creáronse 54 novos postos de traballo de forma directa respondendo así ás necesidades daquelas persoas máis vulnerables, facilitando o seu desenvolvemento profesional.

Na mesma liña, compre destacar a labor que en prol do emprego, está a facer este concello, traballando cos desempregados, en diversas liñas de actuación: orientación profesional, formación ocupacional, axencia de colocación, convenios con ETTs, fomento do emprendemento, etc…. Liñas prioritarias, que se establecen, para garantizar o acceso a unha ocupacion, como o foi o Programa Integrado de Emprego, que conxuntamente con Salceda de Caselas, permitíu a participación de 100 desempregados, cunha inserción do 50 %..