Presenza ponteareá no Campionato de España de Natación en Augas Abertas

As nadadoras do Club Natación Ponteareas, Andrea Domínguez e Laura Rodríguez, participaron a pasada fin de semana no Campionato de España de Natación en Augas Abertas no Lago Banyoles, Girona, unha competición organizada pola Real Federación Española de Natación.
Andrea Domínguez Casabella competíu na categoría infantil, nadando unha distancia de 5 km, e rematou a proba no 19 lugar.
Laura Rodríguez Novoa, nadou na categoría junior-1 unha distancia de 7,5 km e quedou no quinto posto logo de desputar un reñido final no que entre a terceira e a quinta clasificada tan só houbo tres segundos de diferenza.
Dende o Club Natación Ponteareas consideran que este tipo de competicións son moi importantes para as nadadoras permitíndolle desfrutar da presencia de figuras nacionais de primeiro nivel que son referentes motivadores para as deportistas.
O Club felicita ás súas nadadoras e anímaas a seguir esforzándose por acadar o podio.