Porto Lareo, cuarto do mundo en velocidade tándem

O ciclista ponteareán e o seu compañeiro José Antonio Escudero acadaron a cuarta praza nos Mundiais celebrados en Italia

IMG-20160316-WA0009

Á esquerda, José Entonio Escudero. Á dereita, José Enrique Porto Lareo

A Xunta de Goberno Local acordou, de maneira unánime, felicitar a José Enrique Porto Lareo polos resultados obtidos no Campionato do Mundo de Ciclismo Adaptado celebrado a pasada fin de semana en Montichiari, Italia. O ciclista ponteareán acadou a cuarta praza na proba de velocidade e rematou na sexta posición na modalidade de quilómetro. En ámbalas dúas probas estivo acompañado de José Antonio Escudero, quen foi o seu piloto.

O goberno municipal amosa con esta felicitación “a súa total admiración por un deportista que leva moitos anos na elite e que sempre deixa o nome de Ponteareas no mellor lugar posible. Non en van, ademais deste últimos éxitos nos Campionatos do Mundo, Porto conseguiu, entre outros recoñecementos, dúas medallas nos Xogos Paralímpicos de Londres e unha medalla de prata na modalidade de tándem de velocidade no campionato do Mundo do pasado ano 2015.